Instituto Galego de Vivienda e Solo: Rexistro de Demandantes de Vivienda Protexida






 Accede a la información del registro de demandantes de vivienda protegida REGISTRO


O Instituto Galego de Vivenda e Solo, creou o Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia, que entrou en vigor o día 19 de abril, co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida en todo o país e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida, xa que os promotores terán que vender os pisos ás persoas que indique o IGVS, tras o prescriptivo sorteo entre os inscritos no Rexistro.


O Rexistro ten coma finalidade facilitar a xestión e o control na adxudicación de vivendas de protección autonómica e de promoción pública, garantindo a publicidade, concorrencia e transparencia de ditos procesos.

¿Quen debe inscribirse no Rexistro?

Deberán inscribirse no Rexistro as persoas ou unidades familiares ou convivenciais que desexen optar a unha vivenda de protección autonómica ou de promoción pública en réxime de compra ou de alugueiro, así coma os que desexen optar a aloxamentos protexidos.

¿Cómo podemos inscribirnos no Rexistro?

A inscrición no Rexistro pode realizarse en calquera das delegacións provinciais e nos servizos centrais do Instituto Galego de Vivenda e Solo.


A inscrición no Rexistro pódese facer de dúas formas:


  •  Mediante inscrición presencial, ben nunha das catro delegacións provinciais ou ben nos servizos centrais do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Para facer este tipo de inscrición será necesario obter telefonicamente unha cita previa. A persoa interesada deberá presentarse co modelo de solicitude de inscrición debidamente cuberto ou ben coa clave da solicitude cuberta por internet, xunto coa documentación que nel se require. Para obter a cita previa deben chamar ao teléfono 902107039



  • Mediante presentación da solicitude nos rexistros do IGVS e demais lugares permitidos polo artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, isto é:


Nos rexistros dos órganos administrativos a que se dirixan.

Nos rexistros de calquera órgano administrativo, que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Administración das Comunidades Autónomas, ou á de algunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribira o oportuno convenio.

Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.

Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.

En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.



 
Vuelos Baratos