O 0.12% das vivendas galegas rexistran niveis de risco polo radon


O director do Mapa de Radon de Galicia alerta da necesidade de adecuar as casas para facer fronte á primeira causa de cancro de pulmón entre os non fumadores.

Leva moitos anos estudando o radon e os efectos canceríxenos deste gas nos galegos. Tantos como tratando de convencer ás Administracións públicas e aos cidadáns de que se tomen en serio a articulación de medidas para combatelo, que, aínda que urxentes e necesarias, sinala, non poden ser máis sinxelas. O radon mátase só con ventilar e adecuar os edificios. O problema é que case ninguén o fai. Xoán Miguel Barros Dios, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC -Universidade de Santiago de Compostela- e un dos investigadores do Laboratorio Galego de Radon, non quere alarmar, «só informar».
-Onte pechou a biblioteca da Casa das Ciencias da Coruña por exceso de radon, o que supuxo que por primeira vez en Galicia se tomase unha medida tan drástica. ¿É o que hai que facer?
-Non. Pero non son eu quen de criticar a compañeiros. Con só desaloxar aos traballadores que pasan moitas horas no edificio é suficiente. Logo haberá que tomar medidas ou reformas na construción, que por outra banda son sinxelas e económicas.
-Pero A Coruña non é das cidades galegas con máis exposición ao radon...
-Segundo o mapa que elaboramos, case un de cada dez edificios da cidade rexistra niveis de becquerelios por riba do recomendado pola Organización Mundial de la Salud. Certo é que en zonas de Pontevedra isos niveis son moi superiores.
-¿Cantas vivendas galegas presentan índices preocupantes?
-Segundo o mapa de contaminación por radon, existen concentracións superiores aos 200 becquerelios por metro cúbico no 12% das casas analizadas. Vamos, que unha de cada dez vivendas rexistra niveis de risco.
-¿Non son alarmistas os resultados dos estudos realizados cando se di que 334.000 galegos viven en vivendas con índices altos de presenza deste gas?
-Que exista o risco non quere dicir que todas as persoas vaian desenvolver un cancro de pulmón, pero si que é unha poboación potencialmente exposta a este risco. Iso si. Hai que ter en conta que o radon é a primeira causa de cancro de pulmón nos non fumadores.
-¿Constrúese na actualidade pensando en protexerse contra o radon?
-Os niveis de radon deberían ser usados como instrumento de planificación, porque tamén é unha miseria económica o custe que supón habilitar medidas de protección.
-¿Como se protexe unha vivenda antiga?
-Para previr a exposición ao radon nas vivendas xa executadas o máis aconsellable é unha adecuada ventilación. Nas de nova construción recoméndase colocar unha capa de material illante entre o terreo e os cimentos, así como mecanismos de extracción do aire. Ademais, estamos fronte a un desembolso nunca superior aos 6.000 euros. A situación é o suficientemente seria como para que na normativa establecida para a construción de novas vivendas en Galicia se introduzan as medicións de gas radon.

Fuente: http://www.lavozdegalicia.es/
 
Vuelos Baratos